Para saber lo que pasa por aquí...

O BNG, a través da Deputada Rosana Pérez, rexistrou no Congreso de Deputados dúas iniciativas a prol do remate das obras de desdobramento da N-VI ao seu paso por Oleiros

Nota de Prensa difundida polo BNG en Oleiros esta mesma tarde:

A deputada pola provincia da Coruña recolleu as queixas e propostas dos veciños e asociacións presentes, relativas á esaxerada e inxustificada demora das obras que se están a realizar o que está a provocar serios riscos e multitude de molestias aos veciños da zona.

Nas súas iniciativas Rosana Pérez esixe que se remate e se poña en servizo urxentemente o tramo en obras e que se leve a cabo o desdobramento da vía no tramo que falta, desde O Pinar – Mesón da Auga ata a rotonda donde conecta a Vía Ártabra, así como a execución de pasos de peóns elevados á altura de Meson da Auga e da gasolineira – Finca Alsina.

Este tramo aínda sen desdobrar, é especialmente importante xa que nel está o punto negro do semáforo do Carballo, que ralentiza o tráfico e produce enormes colas nas horas punta, e máis a propia rotonda, cun deseño irregular e perigoso, na que desemboca a Vía Ártabra.

Manuel Sarmiento
Portavoz municipal do BNG en Oleiros

A nota ven acompañada polos documento depositados no Rexistro do Congreso dos Deputados español; con data de entrada do día 2 de setembro. Pódese descargar a proposta ó Congreso para instar ó Goberno a rematar as obras e as preguntas á mesa do Congreso para que as reposte o responsable político interpelado: o Ministerio de Fomento.

Nestes documentos, Rosana Pérez califica o ritmo de avance das obras de moi lento e denuncia os problemas que isto conleva ós residentes na zona: aparte dos problemas de circulación un aumento importante da perigosidade de vía.

Denuncia, asimesmo, o “lamentable” estado no que se atopan as vías de servizo e a inexistencia de arcéns nalgúns tramos para a circulación dos peóns.

Entre as cuestións que lanza á Mesa do Congreso, cabe salientar a pregunta de se as obras, na actualidade, atópanse paradas; e, se non é ese o caso, por qué o ritmo de avance é tan lento dende o comezo do ano 2013.

Outra pregunta aterradora é se o Ministerio é consciente da cantidade de xente, moitos deles rapaces do colexio; arriscan a súas vidas diariamente na zona.

Ben… xa teñen as preguntas. Agardamos as respostas.

One Comment

Deja un comentario