OleirosTV...

Dende hai varias semanas, moita xente que ven cobrando pensións por teren traballado na emigración están a recibir requerimentos por parte da Axencia Tributaria para que paguen impostos sobre as mesmas dende o ano 2008; cos correspondentes recagos e xuros. A Lei marca que os perceptores de pensións que cobren menos de 22.500 euros brutos anuais están exentos de presentar Declaración da Renda. Pero, por outra banda, quen teña dous ou máis pagadores ten que facelo con rendas superiores ós 11.200€. A Axencia Tributaria sostén agora que os perceptores da Seguridade Social que cobren pensión no extranxeiro polo seu traballo perciben de dous pagadores distintos e reclama esas cantidades dende o momento en que aínda non prescribiu a infración: a Campaña da Renda do 2008. O grupo municipal do BNG organiza unha charla o vindeiro mércores 4 de setembro no Espazo Aberto de Dolóres Ibárruri (Santa Cruz); coa presenza do portavoz no Parlamento Galego, D. Francisco Jorquera, o voceiro municipal, D. Manuel Sarmiento, e o representante da Asociación MARUSÍA e afectado pola situación, D. Manuel Domínguez. Neste acto definirase a posición da organización frentista sobre este tema e as iniciativas que plantexarán ó vindeiro Pleno do Concello de Oleiros para recabar as posturas das demáis agrupacións políticas municipais prar tratar de consensuan unha postura común.

1 Comentario

  1. Bng Oleiros

    Moitas grazas por axudarnos na difusión dun tema que afecta a tantísimas persoas (moitas, que seguramente aínda nin o saben). O enderezo correcto do LAR ESPAZO ABERTO é Dolores Ibárruri 6 baixo. Grazas!

Participa en la conversación