Para saber lo que pasa por aquí...

A Xunta aproba la creación do novo CEIP de Nós

JSQ| A Consellería leva ivestidos más de 4 millóns de euros neste centro; cuxas obras espérase que rematen no vindeiro mes de xullo.

Mantense a previsión de que as súas 6 aulas de Infantil e 12 de primaria poidan acoller ós novos 450 alumnos no curso 2015/16.

Tras moitos anos de loita por parte da xente de San PEdro de Nós e as mellores intencións por parte do Concello de Oleiros e da familia propietaria dos terreo nos que érguese o edificio, a primeira nova do pasado ano 2014 foi a contratación das obras cun prazo de 18 meses.

18 meses despois as obras estarán rematadas… todo ben

Os novos alumnos virán dos colexios A Rabadeira (Oleiros) e Valle Inclán (Perillo); todos desta parte do concello: San Pedro; e tras moito pelexar e, sobre todo, agardar. Pero non todo son boas novas.

A Xunta descarta xestionar (polo de agora) o comedor do novo colexio e tampouco manterá o transporte escolar os alumnos de San Pedro de Nós que por esta ou por calquera outra razón decidan permanecer nos centros nos que está actualmente matriculado.

O que queira seguir estudando en A Rabadeira terá que ir a pé…

E os que queiran pasar ó novo centro, terán que ir andando tamén; porque a norma só obriga a dispoñer de transporte escolar para alumnos que residan a máis de 2km do centro, condición que prácticamente ningún rapaz de San Pedro vai cumprir.

As ANPAs de Rabadeira e Valle Inclán xa puxeron o berro no ceo polos seus socios (aunque para o ano, algún sexa ex-socio) e exixen que se manteñan os servizos exitentes ate a data; e, ademáis, que se garanta un proxecto educativo sólido para o novo centro. Ao menos tan sólido coma as vigas e os pilares que estarán para o verán; en forma de profesores que non chegarán ata setembro.

A iniciativa súmanse os “revoltosos” da zona seca do Concello: as Asociación de Veciños de San Pedro de Nós, Mesón da Auga, Perillo e Iñás.

Escolleu a Xunta mal momento para botar un pulso apostando a educación dos fillos… ¿non?

Deja un comentario