
Ferralla abandonada no Porto de Santa Cruz
O BNG de Oleiros difundiu esta nota de prensa esta mesma mañana:
Oleiros, 18 de outubro de 2013.- O porto de Santa Cruz segue a agardar por unha atención do ente autonómico Portos de Galiza que non dá chegado. Se o incidente do afundimento do camión de hai uns anos ou os cavorcos aparecidos ao longo da estrutura do peirao evidenciaron publicamente un problema de deterioro e desatención por parte da administración responsábel, o actual estado de abandono das instalacións amosa que a actitude do ente autonómico pouco mudou.
Desde hai anos a actividade económica do porto de Santa Cruz está reducida á mínima expresión, sendo poucas as embarcacións que o empregan acotío. Porén, e tamén desde hai anos, o uso social foino convertendo nunha zona de lecer moi concorrida no verán e mesmo nunh