OleirosTV...

E non é para menos; despois de anos de idas e voltas nas que os principais problemas circulatorios quedan sen resposta. A solución levada a cabo por Fomento é, pouco máis ou menos, desenvolver un rollo de papel ó modo do anuncio de Scottex dende algún lugar ata ningures; dende cerquiña de Iñás ata (casi) Perillo sen dar resposta convincente e de futuro a medio prazo a ningún dos puntos negros actuais: O Carballo, San Pedro de Nós, Seixal, Perillo, A Pasaxe… Onde a obra quedou atascada de maneira case permanente, en San Pedro de Nós; entre outras causa porque a crise deu ó traste con duas das empresas adxudicatarias das obras; Os Rueriños puideron contar co apoio da TVG nas suas reivincacións. No telexornal do pasado venres apareceu esa serpe que hai preto dun ano pasa por diante da gasoliñeira; cada día (parece) serpentenado dunha maneira un pouco diferente; pero iso non lle vale de nada xa ós veciños, os comercios e os paisanos que esnaquizaron o coche nun dos moitos socavóns que alí hai. Alí está a Presidenta desta Asociación dando o seu particular punto de vista que resulta coincidir co da inmensa maioría da xente. Con ese punto de «razón que ela ten», que a moitos responsables de tal descalabro venlles faltando hai tempo; lembramos dende aquí alcances de peóns, as reivindicacións das asociacións como a dos Veciños de Mesón da Auga e multitude de accidentes en preto de tres anos de obras que xa saben todos que, ó remate, non van dar solución a nada.

Participa en la conversación